Escoitar

O alcalde amosa o seu "absoluto rexeitamento" ao proxecto do Goberno Central de privatizar o Rexistro Civil

Abel Caballero avanzou hoxe venres a presentación dunha moción no próximo Pleno rexeitando o proxecto do Goberno Central de privatizar o Rexistro Civil. Coincide, deste xeito, coas críticas que esta mañá lle trasladaron todos os sindicatos e varios colectivos do ámbito da Xustiza.

venres, 13 mar 2015
1426266332justicia.JPG
O alcalde de Vigo trasladou aos xornalistas a súa oposición ao intento do Goberno Central de privatizar o Rexistro Civil polo que anunciou a presentación dunha moción no próximo Pleno da Corporación dando apoio ás reivindicacións dos colectivos profesionais do ámbito da xustiza cos que esta mañá mantivo un encontro na Alcaldía. Amosou o seu "absoluto rexeitamento" a un proxecto que vai supoñer un aumento "inadmisible e inxustificado" das taxas xa que, por exemplo, por una boda que ata o de agora era gratis, podería pasar a supoñer un custo de 400 euros.

O rexedor mantivo esta mañá unha reunión con representantes do ámbito da xustiza de CCOO, UGT, CIG, USO, CSIF, ESTAG, SOS Xustiza, ademais dos colexios de Procuradores e Avogados.
Descargar todas as imaxes