Escoitar

O goberno de Vigo convertirá en semipeonil a rúa Don Bosco cun límite de velocidade de 20 km/h

Así informóuno este luns o alcalde de Vigo, quen indicou que o treito da rúa que está a ser humanizada, entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, pasará a ser semipeonil cunha velocidade máxima para vehículos de 20km/h. O obxectivo do Concello é conxugar nesta entorno ocio e comercio, coincidindo coa apertura do renovado Mercado do Progreso, estimada para mediados de abril.

luns, 9 mar 2015
O Concello de Vigo está a humanizar a rúa Don Bosco, entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, un tramo que convertirá en semipeonil, con prioridade para os peóns e un límite de velocidade para os vehículos de 20 quilómetros por hora. O goberno local prevé así crear un espazo de ocio e comercio para a cidadanía, aproveitando a apertura -datada para mediados do mes de abril- do renovado Mercado do Progreso.

Na reforma do citado vial, o goberno da cidade adica máis de medio millón de euros e incluirá iluminación LED de baixo consumo, arborado e xardineiras, bancos e novas papeleiras, ademais de renovar as redes de servizos soterradas: abastecemento, saneamento e pluviais.