Escoitar

O Concello inviste 160.000 euros na remodelación de 10 pistas deportivas de distintas zonas de Vigo

A Xunta de Goberno local deu luz verde ao plan de seguridade e saúde das obras de mellora da pista deportiva da Praza Mestre Prudencio Rodríguez Dios 1. Estes traballos están incluidos nun plan de renovación de zonas deportivas situadas en distintas zonas da cidade que ascende a 160.000 euros.

luns, 9 mar 2015
O goberno local está a realizar as obras de mellora na pista deportiva da Praza Mestre Prudencio Rodríguez Dios-1 cun orzamento de 21.000 euros, tal e como avanzou o rexedor en rolda de prensa. Estes traballos, dixo, súmanse aos que se están a realizar na pista de Cabral Feira e aos que están a punto de comenzar en San Pelaio de Navia, Párroco José Otero, Luis Kasado, Prudencio Rodríguez de Dios-2, Fontáns, ou Feira Asociación de Veciños de Cabral. En total, o goberno local adica a estas remodelacións 160.000 euros e xa se realizou o acondicionamento da pista de Hispanidad e da de Valladares.

Na mesma Xunta de Goberno local tamén de aprobaron as bases e a convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais cunha partida de 50.000 euros para 2015.