Escoitar

O goberno de Vigo inicia a rehabilitación da Casa do Patín, que acollerá unha oficina municipal descentralizada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de poñer a simbólica primeira pedra da rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e concelleiros do goberno local. O goberno de Vigo adicará o inmoble a usos sociais -incluindo unha sala de lectura- e abrirá unha oficina descentralizada, na os veciños poderán facer trámites co Concello.

luns, 16 mar 2015
1426511204bouzas.JPG
O Concello de Vigo deu comezo este luns aos traballos de rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, obras que se alongarán durante cinco meses e que conlevan un investimento algo superior aos 385.000 euros, cantidade que se suma aos máis de 500.000 euros destinados á expropiación dos terreos.

Trátase dunha "edificación histórica en Bouzas, en Vigo, que precisaba dunha rehabilitación", asegurou Caballero durante a visita, a "recuperación da arquitectura e dos edificios tradicionais". Esta actuación municipal "significa unha mobilización de case un millón de euros e un emprego de 50 traballadores", indicou o rexedor vigués, quen subliñou que "temos de novo unha dinamización da economía da cidade a través desta obra".

Tal e como explicou ante os medios o alcalde de Vigo, a reformada Casa do Patín terá unha dedicación social, para uso da veciñanza, un salón de lectura e acollerá tamén unha oficina descentralizada do Concello, onde a cidadanía poderá realizar trámites da administración local.
Descargar todas as imaxes