mércores, 18 mar 2015
Segundo explicou este mércores Abel Caballero, o Concello de Vigo prevé concluir antes do 31 de marzo once obras que leva adiante en Cabral, Candeán, Lavadores, Castrelos, Sárdoma, Teis, Doctor Canoa, Praza Martínez Garrido, Mestre Chané, Praza do Rei e Churruca. Para os dez primeiros días de abril está previsto finalizar a cuberta das escaleiras mecánicas, as reformas da Avenida de Castrelos e Ramón Nieto e as melloras de accesibilidade nos colexios.
mércores, 18 mar 2015
O rexedor avanzou unha "importante" reunión que vai lugar mañá xoves na Alcaldía con 15 colexios para elaborar un plan de tráfico nas horas de entrada e saída dos centros escolares. Tal e como explicou, o Concello quere avanzar nun deseño da circulación que facilite o acceso aos miles de nenos e nenas e as súas familias que a diario acuden aos centros educativos.
mércores, 18 mar 2015
Os días 20, 21 e 22 de marzo, o V Salón do Vehículo Clásico e de Época abre as súas portas no IFEVI e amplía a oferta expositiva de motor xa dispoñible co XXIV Salón do Automóbil e Motocicleta, poidendo o público gozar de ambos coa mesma entrada. O alcalde invitou á cidadanía a achegarse ao recinto feiral e gozar desta "gran confluencia da modernidade e da tradición" no mundo do motor.
mércores, 18 mar 2015
A medio maratón entre Vigo e Baiona foi presentada este mércores na cidade olívica, acto tras o cal Abel Caballero subliñou que a proba é unha "mostra de organización e capacidade de mobilización". 5.500 atletas tomarán a saída este domingo, ás 10:30h, desde a Avenida de Samil, un "espectáculo" deportivo "absolutamente impresionante" que o rexedor vigués invitou a presenciar.
mércores, 18 mar 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a quinta edición do Campionato de España de patinaxe artística de grupos show, Trofeo Cidade de Vigo, un evento que organiza a sección de patinaxe do Coruxo FC co patrocinio do Concello.
mércores, 18 mar 2015
A Concellería de Cultura, Festas e Museos colaborar un ano máis coa agrupación cultural O Reencanto producións na cuarta edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre os días 3 e 7 de xuño.