Escoitar

Caballero salientou a vocación artística e educativa do programa municipal de medianeiras

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron este martes algunhas das actuacións complementarias incluidas no programa de tratamento de medianeiras e outros espezos urbanos, neste caso, escolares pintando paneis no mercado de Teis e o alumnado do Pintor Laxeiro participando no mural dun dos muros do colexio.

martes, 17 mar 2015
1426600173medianeras.JPG
O alcalde visitou esta mañá no mercado de Teis e no Colexio Pintor Laxeiro os obradoiros escolares que se están a realizar con motivo do Programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos. Os alumnos están a realizar pinturas que logo darán forma a un mural que se exhibirá no centro educativo e, no caso do Pintor Laxeiro, os alumnos xa están a plasmar o seu traballo nunha das paredes do centro.

Son catro os colexios que participan no programa (Pintor Laxeiro, Altamar, Illas Cíes e Beade), mais o rexedor vigués revelou que outros centros da cidade están a mostrar interese neste proxecto municipal, polo que Cabellero asegurou que "seguiremos facendo este proxecto educativo en colexios".

Este proxecto que combina arte, música e mocidade contempla a decoración de 13 medianeiras da cidade -cuxa execución dará comezo este xoves, 19 de marzo- e ao redor estanse a desenvolver actividades complementarias, como as actuacións que xa tiveron lugar do grupo de danza moderna Vikul, de Cencerro Nejro ou da formación Sete Cuncas.
Descargar todas as imaxes