Escoitar

Caballero reclama á Xunta concertos educativos para a Escola de Xoiería Atlántico de Vigo

O alcalde apoiou hoxe martes as demandas dos reponsables da Escola de Xoiería Atlántico, de Vigo, que reclama que os seus ciclos oficiais sexan concertados pola Xunta de Galicia. Durante unha visita ás instalacións do centro, en Cabral, anunciu o envío dunha carta ao presidente da Xunta porque "non hai ningunha razón obxectiva nin fundamentación" para negar un concerto que a escola leva reclamando desde 2004.

martes, 17 mar 2015
1426600340joyeria.JPG
O alcalde esixirá ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que os ciclos formativos da Escola de Xoiería Atlántico sexan concertados pola Xunta, ao igual que o é un centro similar en Santiago de Compostela. Caballero criticou ao goberno autonómico por discriminar a esta escola, alegando que hai outra a 100 kilómetros dado que "non hai razón obxectiva algunha nin fundamentación" para negar este concerto. Ademais, tal e como lle transmitiron os responsables, a Xunta nin se atreve a facilitar os baremos que reclaman desde a escola. Caballero reiterou que este centro, ubicado en Cabral, reúne "todos os méritos, característias e circunstancias" para que recibir ese concerto que reclaman desde 2004, insistindo en que "hai que tratar a Vigo como se merece".

A Escola de Xoiería Atlántico conta con preto de 60 alumnos e 7 profesores, ademais de colaborar de xeito estable coa Asociación Síndrome de Down e Alento. Os estudantes teñen conseguido máis dun centenar de premios, accésits e recoñecementos polo que o rexedor "eloxiou e os felicitou polo seu traballo".
Descargar todas as imaxes