O Concello ampliará ata final de curso o programa didáctico VigoHistoria sobre a Reconquista
Despois dunha visita ao colexio Igrexa-Valladares, onde se desenvolve este martes a formación sobre a historia da Reconquista, o alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou a intención do goberno local de continuar coa celebración do programa ata finais de curso, debido á alta demanda do mesmo por parte dos centros escolares.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe martes a sesión do programa municipal VigoHistoria no colexio Igrexa-Valladares, unha proposta que procura transmitir a estudantes de 5º e 6º de Primaria a historia da Reconquista de Vigo, mediante charlas, audiovisuais, unidades didácticas e unha exposición con paneis e obxectos reais da época.
O programa municipal VigoHistoria ten por obxectivo transmitir a uns 200 alumnos por xornada a historia da Reconquista de Vigo de xeito ameno e didáctico, a través de charlas-coloquio, exposicións con paneis e obxectos reais da época e a proxección de material audiovisual. Ademas, os estudantes reciben unha unidade didáctica coa que completar o seu coñcemento deste acontecemento hitórico tras a conclusión da actividad.
Debido ás solicitudes cursadas por numeros centros escolares da cidade, o alcalde de Vigo anunciou este martes a ampliación de VigoHistoria ata final de curso, para chegar a todos os colexios posibles. Inicialmente, a nomeada formación sobre a Reconquista estase a levar adiante durante este mes, nuns 15 colexios de Vigo, coincidindo coas datas de liberación da cidade da invasión napoleónica en 1809 e coa representación da batalla no Casco Vello.
Descargar todas as imaxes