Escoitar

O goberno local achega subvencións por valor de 360.000 euros a seis clubes de élite

O alcalde de Vigo asinou seis proxectos de colaboración con outras tantas entidades deportivas de élite por importe de 360.000 euros. Esta achega é unha parte da partida de 600.000 euros que o Concello adica as categorías máis altas do deporte vigués, unha cantidade á que hai que sumar o preto de medio millón de euros destiñado ao deporte de base.

martes, 17 mar 2015
Seis clubes de élite de Vigo veñen de recibir 360.000 euros en achegas municipais, logo de que o alcalde e responsables deportivos asinaran onte os convenios de colaboración. Concretamente, o Octavio recibiu 154.000 euros, o Sárdoma, 18.000 euros; o Vigo Voleibol, 94.500 euros, o Club Bosco, recibiu 94.500 euros; o FPR El Olivo, 23.000 euros e Halcones Béisbol, 15.000 euros. Estas aportacións son unha parte dos 600.000 euros que o Concello adica aos deporte nas cateogorías máis altas da cidade. O deporte de base, pola súa banda, recibirá preto de medio millón de euros, unha cantidade que, segundo avanzou o rexedor en rolda de prensa, "nos plantexamos aumentar de cara ao próximo orzamento".

Caballero tamén deu conta da aprobación do expediente de contratación, por procedemento aberto, de servizos de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneis, pasos inferiores e galerías de servizos. Trátase dun importe de 634.186,47 euros para os exercicios 2015 e 2016.