luns, 16 mar 2015
O alcalde anunciou esta mañá que Vigo será o único municipio de Europa sen débeda a partir do mes de xuño. Esta "exemplar" xestión económica é compatible con ser o concello de España que mellor paga a proveedores -xunto con Alicante-, segundo ratifica o propio Ministerio de Facenda.
luns, 16 mar 2015
A Xunta de Goberno Local, tal e como informou este luns Abel Caballero, vén de aprobar o plan de seguridade e saúde da remodelación do parque infantil de Castrelos, un dos últimos trámites administrativos previos ao inicio da obra. Ademais o goberno local acordou o inicio das humanizacións de Manuel Núñez e da rúa Robleda.
luns, 16 mar 2015
O alcalde visitou este luns o colexio Doutor Fleming, onde o goberno local desenvolve hoxe unha proposta que procura transmitir aos estudantes de 5º e 6º de Primaria a historia da Reconquista de Vigo, mediante charlas, audiovisuais, unidades didácticas e unha exposición con paneis e obxectos reais da época. "Queremos transmitir nos colexios unha parte da historia de Vigo", salientou Caballero.