xoves, 19 mar 2015
O alcalde, acompañado por membros do seu goberno, inaugurou este xoves esta nova praza que, ademais da humanización do espazo, conta cun mural de 60 metros e unha escultura do artista Nelson Villalobos en homenaxe ao alcalde fusilado no 36 que da nome á Avenida. Caballero indicou que hoxe mesmo comezan os artistas o seu traballo para mellorar 13 medianeras da cidade.
xoves, 19 mar 2015
Abel Caballero avanzou esta mañá que a partir do 1 de xuño o Concello porá en marcha un plan de tráfico experimental en doce centros escolares da cidade. O obxectivo é sacar conclusións para elaborar un plan de tráfico defintivo para as entradas e saídas de todos os centros escolares de Vigo de cara ao curso que ven.
xoves, 19 mar 2015
Abel Caballero achegarase esta tarde á posta en funcionamento dun ascensor nun edificio de Coia. Ata o de agora o Concello xa cooperou na instalación de 15 elevadores facilitando os trámites e aplicando desgravacións fiscais.
xoves, 19 mar 2015
Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.
xoves, 19 mar 2015
O 20 de marzo celébrase o Día internacional da narración oral e dende a Concellería de Normalización Lingüística organizase cunha contada colectiva do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para publico familiar.Terá lugar en Detrás do Marco (rúa Londres, s/n) ás 18:30 h. Entrada de balde
xoves, 19 mar 2015
O xoves, 19 de marzo, ás 20:00 h, terá lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), a inauguración da mostra "Romaría na Carballeira. O tempo de lecer dos nosos antergos", integrada nos actos da Reconquista da Vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.
xoves, 19 mar 2015
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 06.03.2015, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2015 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 53 do 18 de marzo de 2015.
xoves, 19 mar 2015
Tras a publicación o día 19 de marzo de 2015 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2015 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 6 de marzo de 2015), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria. <br />