O alcalde eloxia a "organización e capacidade de mobilización" que demostra a Vig-Bay
A medio maratón entre Vigo e Baiona foi presentada este mércores na cidade olívica, acto tras o cal Abel Caballero subliñou que a proba é unha "mostra de organización e capacidade de mobilización". 5.500 atletas tomarán a saída este domingo, ás 10:30h, desde a Avenida de Samil, un "espectáculo" deportivo "absolutamente impresionante" que o rexedor vigués invitou a presenciar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores na presentación XVI Media Maratón Vig-Bay, acto no que participaron Eduardo Vieira, por parte da organización, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o rexedor de Nigrán, Alberto Valverde, e a edil de Cultural de Baiona, María Iglesias Fernández.
A proba partirá da Avenida de Samil este domingo ás 10:30 horas con 5.500 inscritos, unha participación un 7% superior á do pasado ano, con presencia de 25 nacionalidades e idades que oscilan entre os 17 e os 79 anos. O 24% dos corredores residen en Vigo e as mulleres representan case o 14% do total de atletas.
Descargar todas as imaxes