O goberno de Vigo concluirá este mes unha decena de obras en marcha
Segundo explicou este mércores Abel Caballero, o Concello de Vigo prevé concluir antes do 31 de marzo once obras que leva adiante en Cabral, Candeán, Lavadores, Castrelos, Sárdoma, Teis, Doctor Canoa, Praza Martínez Garrido, Mestre Chané, Praza do Rei e Churruca. Para os dez primeiros días de abril está previsto finalizar a cuberta das escaleiras mecánicas, as reformas da Avenida de Castrelos e Ramón Nieto e as melloras de accesibilidade nos colexios.
Caballero datou para antes do 31 de marzo a finalización de once reformas que acomete actualmente o goberno local. Trátase das obras de Santa Mariña en Cabral, Subida á Madroa en Candeán, Gandarón en Lavadores, Camiño Fondo en Castrelos, Estrada Marco en Sárdoma e Baixada a Ríos en Teis, Doutor Canoa, a praza de Martínez Garrido, Mestre Chané, a pasarela da Praza do Rei e a humanización do entorno de Churruca.
Segundo avanzou Caballero ante os medios de comunicación, para os primeiros dez días de abril está ademais prevista a finalización doutros catro proxectos municipais en marcha: a cuberta das escaleiras mecánicas de II República, as reformas na Avenida de Castrelos e en Ramón Nieto (fronte ao mercado de Cabral) e as obras para mellorar a accesibilidade nos colexios.