O Concello de Vigo abre unha liña de axudas para reformar zonas privadas de uso público
Abel Caballero visitou este mércores a Avenida da Florida, onde unha comunidade de propietarios á altura do número 30 do nomeado vial vaise presentar ao programa municipal de axudas económicas para rehabilitar espazos que son de uso público pero a titularidade é privada.
O alcalde de Vigo visitou esta mañá as obras que está a realizar a comunidade de propietarios de Florida 30 -formada por 300 veciños -para reformar as zonas privadas de uso público. O rexedor, amosou a súa "satisfacción" porque o Concello coopera con estes traballos e animou ao resto de comunidades de propietarios da cidade a solicitar as axudas que o goberno local vai facilitar para rehabilitar espazos de uso público e titularidade privada. Acompañado por máis de medio centenar de veciños, Caballero supervisou os traballos nunha visita na que tamén estiveron presentes a tenente de alcalde, Carmela Silva e os concelleiros de Parques, Fomento e Participación Cidadá, Angel Rivas, David Regades, e Santos Héctor, respectivamente.
Descargar todas as imaxes