Vigo acolle esta fin de semana o Campionato de España de grupos show, unha "proba extraordinaria", di Caballero
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a quinta edición do Campionato de España de patinaxe artística de grupos show, Trofeo Cidade de Vigo, un evento que organiza a sección de patinaxe do Coruxo FC co patrocinio do Concello.
O rexedor, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o presidente do Coruxo, Gustavo Falque, cualificou o trofeo de "competición de extraordinaria importancia". Terá lugar este venres e sábado no pavillón central das Travesas e reunirá a preto de 900 participantes entre competidores, xuíces, auxiliares, delegados e técnicos. O presidente do Coruxo, Gustavo Falque, anunciou que ademais arrastra a uns 1.200 familiares dos mozos que participarán chegados de toda España, co beneficio que supón para os hoteis da cidade.
67 agrupacións de medio cento de clubs de once comunidades autónomas competirán polo título e buscarán tamén a clasificación para o Campionato de Europa de Bremerhaven (30 de abril ao 2 de maio).
O venres 20, as probas arrincan ás 17:00 horas coa Copa de España de grupos show grandes, e ás 18:35 iniciarase o Campionato de España de grupos show xuvenís. O sábado, ás 16:30 horas patinarán os cuartetos en pugna polo Campionato de España, pechando o certamen a Copa de España de grupos show pequenos (18:45). A Copa de España tamén outorga prazas para as copas europeas.
Falque, que acudiu con varios membros da organización (Milagros Ribero, Tais Pérez e Juan Abalde) subliñou a "dificultade" de conseguir por quinto ano consecutivo estes campionatos (creáronse en 2011, sempre organizados pola entidade viguesa) "cando todo o mundo solicítaos", e anunciou que "imos seguir pelexando" para que Vigo sexa a sé en anos vindeiros.
Caballero pediu á cidadanía "que acuda a presenciar un deporte de extraordinaria beleza". Galicia, con doce clubs inscritos, rivaliza con Cataluña (18). A representación viguesa estará formada por tres clubs (Carpa Grupo Viqueira, Patinaxe Valladares e Coruxo FC). O Carpa está inscrito en cuartetos, o Coruxo en grupos pequenos e o Valladares en grupos pequenos e grandes.
Descargar todas as imaxes