Escoitar

Caballero subliña a "confluencia de modernidade e tradición" coa apertura do Salón do Vehículo Clásico

Os días 20, 21 e 22 de marzo, o V Salón do Vehículo Clásico e de Época abre as súas portas no IFEVI e amplía a oferta expositiva de motor xa dispoñible co XXIV Salón do Automóbil e Motocicleta, poidendo o público gozar de ambos coa mesma entrada. O alcalde invitou á cidadanía a achegarse ao recinto feiral e gozar desta "gran confluencia da modernidade e da tradición" no mundo do motor.

mércores, 18 mar 2015
1426684389clasico.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou a apertura deste "salón extraordinariamente importante" durante a presentación do evento, este mércores no Concello de Vigo, xunto ao seu director, José Enrique Elvira.

O V Salón do Vehículo Clásico e de Época ocupará 10.000 metros cadrados de exposición e área comercial no pavillón 3 do IFEVI, do 20 ao 22 de marzo, coincidindo en datas co final do XXIV Salón do Automóbil e Motocicleta e facendo posible que os afeccionados ao motor poidan gozar de ambas mostras coa mesma entrada. O prezo xeral é de 8 euros, e os afeccionados que acudan cun vehículo clásico terán un desconto do 50%.

A que abre as súas portas este venres é unha das cinco primeiras feiras de España adicadas a coches clásicos e de colección, polo que a organización agarda recibir a visita de persoas procedentes de toda Galicia e Portugal. A exposición contará con 200 vehículos, dos que algo máis de medio centenar están á venda.

Entre as pezas en exposición destacan o prototipo Volvo 1800 ESC Coggiola (que a firma sueca non chegou a mandar á cadea industrial), ou un American LaFrance Simplex Speedster de 1918, de 14.500 cm3. Outras notables xoias son o BMW M1, Renault 5 Turbo 2, Ford RS 200, Lancia Flaminia Sport Zagato, Jaguar D-Type, Cougar Jaguar, Lancia Aurelia, Citroën 2 CV Sahara, AC Cobra, Ferrari Dino GTS, Ferrari 400i, Ferrari Testarossa, Fiat Balilla e Lancia 037, entre outros. O Concello de Vigo achega a esta feria un Dodge D-5 de 1938, vehículo de pompas fúnebres.

No tocante ás motos, os visitantes poderán presenciar unha mostra dunha serie de 8 motocicletas con sidecar, algunhas con gran antigüidade, como unha Indian Power Plus de 1920, un modelo Monet y Goyon de 1922 o unha moto francesa De Dión Bouton, de 1897, con remolque de pasaxeiros. Neste grupo tamén estarán presentes unha BMW R75 Afrika Korps de 1941, con tracción incluso na roda do sidecar, unha BMW R50 de 1961, unha BMW R75, unha BMW R69S e unha Zündapp KS600. É de salientar asemade a colección de motos antigas customizadas que sorprenderán aos amantes do motociclismo clásico, además de otras motos históricas, en exposición y en venta.

A organización preparou como actividade complementaria o II Rally do Descobremento para automóviles Pre-70, Premio RetroAuto Galicia, organizado coa Escudería Vigo Clásicos, que se celebrará o 21 e 22 de marzo polas localidades de Tui, Baiona e Gondomar, con chegada na propia feira. Tamén se celebrará unha homenaxe ao tradicional Citroën DS polo seu 60 aniversario.

O Salón contará cunha área comercial duns 50 vehículos á venda, cun espazo relevante adicado á venda de pezas, accesorios e recambios para coches e motos. Haberá tamén stands de libros e manuais sobre vehículos, miniaturas e pezas diversas para afeccionados e amantes do coleccionismo, así como algún expositor de roupa antiga e de época.
Descargar todas as imaxes