Escoitar

APROBACIÓN INICIAL PROXECTO DE EXPROPIACIÓN POR TAXACIÓN CONXUNTA DA 1ª FASE DO SISTEMA XERAL "SX/EQ-DC/C05/01 CIDADE DA XUSTIZA"

xoves, 19 mar 2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 20 de febreiro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta dos terreos comprendidos na 1ª fase do sistema xeral «SX/EQ-DC/C05/1 CIDADE DA XUSTIZA», que se corresponden cos terreos situados dentro da parcela P.2 da mazá M.7 da «AOD A-3-14 CHOUZO» do PXOM, segundo o documento datado a Febreiro de 2015 elaborado pola Oficina de Planeamento e Xestión e a Oficina Municipal de Vivenda e Solo, coa colaboración do resto de servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo.

SEGUNDO: Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

TERCEIRO: Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que teñan por conveniente no prazo dun mes a partir da data da notificación.

CUARTO: Solicitar do Rexistro da propiedade n.º 3 de Vigo a práctica da nota marxinal de incoación do procedemento expropiatorio por taxación conxunta naqueles predios afectados polo mesmo que figuren inscritos, consonte o disposto no art. 22 do Real decreto 1093/1997, de 4 de xullo."

O expediente estará a disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), en horario de luns a venres de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen pertinentes na súa defensa, entendéndose o periódo de exposición pública dende a primeira publicación ata pasado o mes dende a última publicación.