Escoitar

O goberno de Vigo abre unha nova e artística Praza de Martínez Garrido

O alcalde, acompañado por membros do seu goberno, inaugurou este xoves esta nova praza que, ademais da humanización do espazo, conta cun mural de 60 metros e unha escultura do artista Nelson Villalobos en homenaxe ao alcalde fusilado no 36 que da nome á Avenida. Caballero indicou que hoxe mesmo comezan os artistas o seu traballo para mellorar 13 medianeras da cidade.

xoves, 19 mar 2015
1426772573plaza.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a tenente de alcalde, Carmela Silva, e outros representantes do goberno municipal participaron hoxe xoves na inauguración da nova praza de Martínez Garrido, na que sobresae un mural de 60 metros e unha escultura a cargo de Nelson Villalobos, homenaxe ao alcalde fusilado polo fascismo en 1936 e a todos os represaliados da dictadura.

Abel Caballero amosou a súa "enorme satisfacción" por unha obra que inclúe ademais a humanización do entorno, con novos bancos, zonas verdes... mais no que destaca o traballo de Villalobos no seu mural e na escultura central, acompañada por outras máis pequenas dentro da actuación. O alcalde recordou que o goberno que dirixe está a facer unha mellora de carácter similar en Peniche, desta volta a cargo do artista Antón Pulido, e coas obras avanzadas.

Inmerso no programa de recuperación de espazos públicos a través do pintado artístico de medianeiras da cidade, Caballero avanzou que na mañá de hoxe comezaron os traballos no muro da Pinacoteca (a cargo de Magalhaes), en Vía Norte nº7 (por Elisa González) e no colexio Illas Cíes (por Peri), mentres que esta mesma tarde comezan as melloras do muro de Blein Budiño (por Villalobos), Hispanidade nº66 (Liqen), Areal (Darío Álvarez Basso), no parque de Camilo José Cela (Ash Santos Hermo), Gregorio Espino/Urzáiz (por Alejando Fernández, do colectivo Ewa), o parque de Navia (por David Arambarri, do citado colectivo), o muro da AVV de Lavadores (por Anthony) e as actuacións na rúa Zaragoza nº51 (Antonio Barbará) e nº55 (Gonzalo Alonso). Xa está concluido o pintado dos depósitos de Aqualia no Castro e as escaleiras da rúa Llorente a Pi y Margall.
Descargar todas as imaxes