Escoitar

Abeleira Menéndez acollerá unha mostra con 65 fotos de cidadáns de Vigo sorrindo

O Concello impulsa Vigo Sonríe, unha exposición ao aire libre na rúa Abeleira Menéndez con 65 fotografías doutros tantos cidadáns de Vigo que amosan un sorriso. Tal e como explicou a tenente de alcalde durante a presentación, esta iniciativa enmárcase dentro do programa de decoración de medianeiras que o goberno local está desenvolver en todos os barrios da cidade.

luns, 23 mar 2015
Carmela Silva e Javier Teniente, un "xenio da fotografía" -en verbas da tenente de alcalde- presentaron esta mañá a exposición Vigo sonríe, unha iniciativa que levará a rúa Abeleira Menéndez e a outras da zona alta do Casco Vello unha exposición con fotografías de gran formato de viguesas y vigueses sorrindo. Trátase dunha idea "extraordinaria que ducias e ducias de cidadáns agasallen ao resto co seu sorriso". Ademáis de embelecer a cidade, esta iniciativa de arte na rúa tamén servirá de atractivo turístico porque é un proxecto "único e inédito" que se vai promocionar nos países limítrofes.

A mostra estará instalada o 31 deste mes, colocada sobre planchas de PVC, vinilos e unha veintena de cables de aceiro. Segundo Tenente, o obxectivo é que as fotografías permanezan expostas ata finais de verán.

Silva enmarcou esta iniciativa no programa municipal de decoración de medianeiras e outros espazos públicos que está a permitir adecentar paredes de todas as zonas de Vigo: Coia, Casco Vello, As Travesas, Beade, Venezuela, Areal, Torrecedeira, Navia, A Florida, entre outros. Lembrou que, aínda que hai artistas consolidados ao frente dalgunha destas obras, hai moitos mozos e mozas da cidade ao frente destes traballos artísticos. Este programa completouse,ademais, con obradioros infantís en distintas rúas da cidade e varios colexios. O proxecto municipal Vigo unha cidade de cor converteu á cidade nun referente no street art en España, ao nivel de moitas cidades europeas nas que este tipo de arte está moi consolidado.