Escoitar

O goberno local data para maio e xuño a finalización de tres obras no centro e no rural vigués

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns, segundo informou a tenente de alcalde, Carmela Silva, deu luz verde aos programas de traballo e plans de control de calidade da cuberta das escaleiras mecánicas de II República, a mellora da rúa Saa-Beade e a humanización da Avenida Hispanidade, entre Zamora e Gran Vía, que concluirán entre maio e xuño. "Humanizamos o centro e tamén humanizamos o rural", salientou Silva.

luns, 23 mar 2015
A tenente de alcalde, Carmela Silva, infomou este luns de tres puntos aprobados esta mañá en Xunta de Goberno Local, o visto bo aos programas de traballo e plans de control de calidade de tres obras "moi importantes" da cidade.

Trátase da cuberta das escaleiras mecánicas da rúa II República, cun importe de 228.000 euros e que estará terminada para finais de maio, segundo indicou Silva; da mellora da rúa Saa en Beade, por case 68.000 euros de investimento e rematada en xuño; e a humanización da Avenida Hispanidade, entre Zamora e a Gran Vía, cun orzamento de 108.000 euros e conclusión prevista para maio. "Humanizamos o centro e tamén humanizamos o rural", concluíu a tenente de alcalde.