Escoitar

O Concello aproba o plan de protección arquitectónica e paisaxística de "La Soledad"

A Xerencia de Urbanismo validou o pasado venres o Plan Inicial da Colonia Histórica "La Soledad", no entorno da Avenida Hispanidade e do Castro, texto que afecta a máis de 63.000 metros cadrados e comprende 44 vivendas, un edificio sanitario e a igrexa. Con este paso, o goberno de Vigo busca preservar a integridade arquitectónica e paisaxística do entorno.

luns, 23 mar 2015
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, informou desta aprobación, que afecta a un espazo está limitado ao norte coa rúa Castro Atalaia e Paseo Cronista Álvarez, ao sur e ao oeste coa Avenida Hispanidade e ao este con Ramón Ruibal e o Instituto Castro. O ámbito comprende unhas 44 vivendas unifamiliares, un edificio de uso sanitario de carácter privado e á igrexa.

"Continuamos impulsando o desenvolvemento do PXOM", explicou Carmela Silva, quen manifestou que os obxectivos desta aprobación pasan pola protección do ambiente urbano, o fomento da rehabilitación e mellora dos elementos máis característicos da arquitectura, da paisaxe e do conxunto. Tamén procúrase regular as condicións específicas para as novas construccións, ampliacións e intervencións para preservar a integridade do entorno.

Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo do pasado venres deu luz verde aos pregos e gasto de contratación da redacción do Plan Parcial de ampliación do polígono industrial de Balaídos, trámite que posibilita que o Concello achegue 50.000 metros cadrados de terreo para "asegurar o futuro" da factoría de PSA Peugeot Citroën, afirmou Silva.