O Concello e aqualia forman a escolares sobre o consumo responsable da auga
Coincidindo co Día Mundial da Auga, goberno local e concesionaria entregaron este luns os premios da XII Edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil. O certame alcanzou nesta edición máis de 30.000 visitas e un millón de páxinas vistas no microsite "A auga necesita de heroes coma ti".
A tenente de alcalde, Carmela Silva, o concelleiro de Fomento, David Regades, e outros concelleiros do goberno local participaron nos actos organizados polo Concello e aqualia por mor do Día Mundial da Auga nas instalacións do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que procura a educación dos máis pequenos en hábitos de consumo responsable da auga.
Concello e aqualia entregaron os premios do tradicional Concurso Internacional de Debuxo Infantil que organiza a empresa entre o alumnado da cidade. Nesta ocasión o acto iniciouse cun sopa de letras xigante na que os rapaces asistentes puideron ir descubrindo as principais palabras relacionadas coa agua e o seu consumo responsable así como a importancia de protexer este recurso natural tan prezado.
A continuación, tivo lugar a entrega de premios da XII edición do concurso anual de debuxo infantil de aqualia baixo o lema "A auga necesita de heroes coma ti". Os escolares debían plasmar como coidar un ben tan prezado e escaso no planeta como é a auga a través de historias (entendidas como relatos, contos, cómics, debuxos, etc.) en 3 viñetas sobre o uso responsable da auga no site do concurso.
O certame alcanzou na súa XII edición máis de 30.000 visitas e un millón de páxinas vistas no microsite. Os contidos, dispoñibles en español, portugués, catalán e galego, difundíronse máis de 3.000 veces a través das redes sociais, e xeraron máis de 300.000 impactos positivos, dado o carácter pedagóxico e lúdico da ferramenta. Entre os 4 premiados en Vigo este ano, Santiago Perei Olmeda, do Colexio Barreiro, resultou ser unha dos 10 gañadores individuais do concurso a nivel nacional. Os 3 escolares restantes recibiron o premio finalista:
Alexandra Iglesias Rodríguez, Helena Labandeira e Natalia Pego Martínez.
Coa entrega de premios ponse en marcha a nova edición do concurso que este ano cumpre a súa XIII edición baixo o lema "Enche o teu mundo de vida". Nesta ocasión, aqualia quere coñecer as ideas de como coidar un ben tan prezado e escaso no planeta como é a auga a través de historias realizadas polos participantes a través da plataforma dixital www.encheoteumundodevida.com. Os escolares teñen que crear o lugar máis bonito do mundo e darlle vida levando auga ás persoas, aos animais e ás plantas. Entre todos os participantes entregaranse dez primeiros premios, un cheque para material educativo.
Descargar todas as imaxes