Ciclo de Charlas "Galegas na Ciencias"
A Concellería de Igualdade organiza o ciclo de charlas "Galegas na Ciencia" que terá lugar os días 24 de marzo con Carmen García Mateo; o 14 de abril con África Gonzálrz Fernánez e o día 28 de abril con Ana Ulla Miguel. As charlas celebraranse no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo ás 19 horas.
RELATORAS :
- Carmen García Mateo
Catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo. Obtivo o título de Inxenieiría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid e doutorouse coa tese titulada "Técnicas de Representación del Espectro en Codificación de Voz a Baixa Velocidade". Actualmente é profesora na Escola de Inxenieiría de Telecomunicación, na Universidade de Vigo, onde tamén tivo o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea, entre 2006 e 2010. Directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) do Centro de investigación AtlantTIC onde leva a cabo o seu labor investigador. Participa nos proxectos europeos COST IC1106 e COST IC1206 como integrante do comité de dirección e é investigadora principal do proxecto coordinado coa UPC e EHU/UPV, SpeechTech4All, un proxecto concedido polo Ministerio de Economía e Competitividade adicado
á investigación avanzada nas principais tecnoloxías da fala (recoñecemento de voz, tradución automática, conversión de texto a voz) en todas as linguas oficiais faladas en España, ao recoñecemento do estado emocional do/a falante, e á construción de marcos experimentais multimodais (voz e facial) e multilingües (castelán, galego, catalán e euskera) que permitan amosar o traballo realizado. Ten participado en importantes publicacións científico-técnicas e multitude de proxectos de I+D; tamén é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense, SEAF. No ano 2014 a Xunta de Galicia outorgoulle o Premio "María Josefa Wonenburger" pola súa traxectoria.
- África González Fernández
Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo. Doutora en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Alcalá de Henares, realizou a especialidade MIR de Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid. Realizou unha estancia postdoutoral de 4 anos co Dr. César Milstein (premio Nobel pola técnica dos anticorpos monoclonais) no Laboratory of Molecular Biology do Medical Research Council de Cambridge, Inglaterra. Desde 1996 lidera un grupo de investigación na área de Inmunoloxía, traballando en Nanomedicina (estudo da toxicidade e inmunoxenicidade dos nanomateriais, así como desenvolvemento de biosensor para detectar células tumorais, en vacinas e en anticorpos monoclonais. Ten publicado máis de 125 artigos en revistas e capítulos de libros, e é invitada con asiduidade a impartir conferencias en distintos foros. No aspecto de transferencia, ten varias patentes de anticorpos monoclonais e do biosensor, e é promotora da empresa spin-off NanoImmunotech, que actualmente conta xa con sedes en Vigo e Zaragoza. É coordinadora do proyecto BIOCAPS, un proxecto institucional financiado con máis de 4,6 millones de euros polo 7º programa marco da Unión Europea para o Instituto Biomédico de Vigo. Actualmente tamén participa no deseño dunha vacina para tuberculose, dentro do programa europeo Horizon2020.
- Ana Ulla Miguel
Licenciada e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de La Laguna coa especialidade de Astrofísica. Na actualidade é Profesora Titular da Universidade de Vigo no Departamento de Física Aplicada. Ocupou diversos postos de investigación e docencia desempeñados en centros nacionais e estranxeiros, como a Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (LAEFF, Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Foi contratada postdoutoral no Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), traballando para o proxecto "Infared Space Observatory" da ESA. É a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO. É integrante da Unión Astronómica Internacional (IAU), e da
Sociedad Española de Astronomía (SEA) e da Real Sociedad Española de Física (RSEF), nestas dúas tendo ocupado diversos cargos. Ao longo da súa traxectoria profesional realizou diversas estadías de traballo en institutos de Astrofísica nacionais e estranxeiros e participa en proxectos de investigación financiados en diversos campos da Astrofísica, congresos especializados e publicacións internacionais. Hoxe podemos salientar a súa colaboración, xunto con colegas das Universidades da Coruña (UDC) e de Barcelona (UB), no proxecto "Gaia" da ESA. En febreiro de 2014 recibiu, ex aequo con Minia Manteiga Outeiro (da UDC), o premio "Galega destacada 2013" concedido pola Asociación Diálogos 90.