O Concello traslada a Reconquista ao colexio Lopez de Vega co programa Vigohistoria
O Concello achegou hoxe a Reconquista aos alumnos de 5º e 6º a través do programa Vigohistoria, unha unidade didáctiva sobre o acontecemento histórico da Reconquista. Tal e como explicou a tenente de alcalde en declaracións aos medios, esta iniciativa está a desenvolverse en 15 centros públicos da cidade.
O programa municipal VigoHistoria ten por obxectivo transmitir ao alumnado a historia da Reconquista de Vigo de xeito ameno e didáctico, a través de charlas-coloquio, exposicións con paneis e obxectos reais da época e a proxección de material audiovisual. Ademas, os estudantes reciben unha unidade didáctica coa que completar o seu coñcemento deste acontecemento histórico tras a conclusión da actividad.
En declaracións aos medios, a tenente de alcalde Carmela Silva indicou que hoxe foi o turno do colexio Lope de Vega onde os alumnos de 5º e 6º de Primaria profundizaron no feito histórico da Reconquista. Esta iniciativa, que se leva a cabo en 15 centros escolares da cidade, permite aos alumnos traballar na identidade da súa cidade, permítelles coñecer a súa historia e sentirse orgullosos dela", dixo Silva. A formación sobre a Reconquista lévase adiante durante este mes, coincidindo coas datas de liberación da cidade da invasión napoleónica en 1809 e coa representación da batalla no Casco Vello.
Esta mañá os concelleiros de Educación e Parques e Xardíns, Olga Alonso e Angel Rivas, respectivamente, foron os encargados de repartir os diplomas destes alumnos.
Descargar todas as imaxes