mércores, 1 abr 2015
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a contratación dos 140 beneficiarios da primeira quenda do programa Vigo Emprega I. Estes traballadores incorporaranse ás súas tarefas no prazo dunha semana, segundo avanzou o rexedor, quen recordou que esta iniciativa municipal conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros.
mércores, 1 abr 2015
O alcalde recibiu este mércores a un grupo de veciños da Travesía, en representación dunhas 400 vivendas que teñen neste momento un problema na rede de saneamento "que temos que resolver", indicou Caballero. O rexedor afirmou que o goberno local, tras coñecer o seu planteamento, visitará a próxima semana a Travesía para atender a demanda veciñal.
mércores, 1 abr 2015
O Verbum-casa das Palabras (Avda de Samil, 17) acolle a exposición "A outra cara de África", promovida pola Asociación de Emigrantes Senegaleses residentes en Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. A Exposicion que se poderá visitar ata o 28 de xuño amosa aspectos na vida da cultura de África.<br />
mércores, 1 abr 2015
O domingo 5 de abril terá lugar o segundo dos concertos deste ciclo de música que terá lugar na igrexa de María Auxiliadora ás 20.30 horas. Este segundo concerto enmarcado nas datas de semana santa serve para reflexionar a capacidade da música como válvula de escape nun momento de dor e opresión extrema.