Escoitar

Caballero confía en asinar "en poucos días" o convenio coa Deputación para incorporarse á reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo informou da remisión este martes da documentación técnica dos proxectos de obra de modernización do estadio de Balaídos, cara ao desenvolvemento dun convenio entre o Concello e a Diputación que incorpore ao ente provincial á reforma das bancadas de Río e Tribuna, xa iniciadas polo goberno local e o RC Celta, respectivamente. É unha "moi boa nova para esta cidade", subliñou Caballero.

martes, 31 mar 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou na mañá deste martes ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a documentación técnica dos proxectos de obra referentes ás actuacións de remodelación e modernización do estadio municipal de Balaídos, paso previo ao desenvolvemento e sinatura dun convenio entre o Concello e o ente provincial.

En declaracións aos medios, Caballero confiou en poder rubricar "en poucos días" o acordo bilateral, que xa está "políticamente acordado". Concello e Real Club Celta teñen iniciado xa as obras nas bancadas de Río e Tribuna, respectivamente, e ambas institucións incorporaríanse tras o convenio ás sucesivas fases da modernización das nomeadas bancadas.

O alcalde vigués valorou como unha "moi boa nova para esta cidade que estemos levando adiante este proxecto tan excepcional" e recordou que as obras están xa en marcha, coa bancada de Preferencia xa demolida -a cargo do club- e con traballos estruturais de seguridade en Río -impulsadas polo Concello-.