Escoitar

Curso de escritura creativa en abril e maio

A escritora Clara do Roxo impartirá un curso de escritura creativa este mes de abril e a primeira semana de maio con preferencia para a xente moza e que organiza a concellería de Normalización Lingüística.

martes, 31 mar 2015
O "Obradoiro literario Aliteraclara" contemplará dende a análise de textos de autoras de diferentes estilos, a elaboración propia de textos literarios, o proceso de creación dunha persoaxe e situacións literarias, ata un exercicio de síntese para aprender a diferenciar o bo do accesorio.

O curso impartirase no local da AVV NovoVigo de Navia, na rúa As Teixugueiras 11, portal 6, oficina 9-B de 17:30 a 19:30 horas. As sesións terán lugar os luns 6, 13, 20 e 27 de abril e o 4 de maio.

A inscripción será mediante un correo electrónico, claradoroxo@gmail.com, ao que dirixir os datos (nome e apelidos, idade, teléfono e DNI)