Escoitar

O equipo español na Volvo Ocean Race promociona a candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha reunión con Pedro Campos, director do Desafío Español da volta ao mundo de vela, quen lle transmitiu que a embarcación levará rotulado o emblema "Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade" como apoio á candidatura. Esta promoción, sen coste para a cidade, chegará a Brasil, USA, Portugal, Francia e Suecia, próximos destinos da Volvo Ocean Race.

mércores, 1 abr 2015
1427889101cies.JPG
A embarcación do equipo español que compite na Volvo Ocean Race levará rotulado o emblema "Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade" como apoio á candidatura viguesa.

Nunha reunión celebrada este mércores entre Abel Caballero e Pedro Campos, o director do Desafío Español comunicóulle que o equipo se suma desta forma á campaña, o que o alcalde de Vigo agradeceu tanto a Campos como a Mapfre e o resto de patrocinadores, pois representa unha "promoción singular e importante" e sen coste para as arcas municipais.

O rexedor vigués explicou que as próximas etapas da volta ao mundo de vela levarán a candidatura das Illas Cíes a Brasil, os Estados Unidos, Portugal, Francia, Holanda e Suecia, grazas a unha embarcación que porta a bandeira de Vigo desde o inicio do campionato.
Descargar todas as imaxes