Escoitar

Concello e ARVI organizarán actos para a difusión e coñecemento da actividade pesqueira na cidade

Despois dunha reunión coa dirección da Cooperativa de Armadores, o alcalde de Vigo anunciou un "planteamento conxunto ambicioso" para desenvolver proxectos de consolidación da actividade pesqueira en Vigo e o seu coñecemento entre a cidadanía. Caballero indicou que as accións concretas se plasmarán a partir do verán.

venres, 10 abr 2015
1428666805arvi.JPG
En declaracións aos medios despois da reunión cos responsables de ARVI, Abel Caballero valorou a "importancia" de manter os proxectos de comunicación e relación do sector pesqueiro coa cidade, seguindo a liña das actividades realizadas pola conmemoración do 50 aniversario da Cooperativa de Armadores, nas que estivo involucrado o Concello.

O alcalde avanzou que o Concello e a entidade elaborarán un "planteamento conxunto ambicioso", a partires deste verán en adiante, para realizar proxectos de "promoción interna e externa" do sector, de consolidación da actividade pesqueira en Vigo e de difusión e coñecemento da súa función por parte da cidadanía.

"Temos que ser capaces de consolidar o núcleo de capital de pesca na cidade de Vigo", afondou Abel Caballero, para o que o goberno vigués ofreceu a ARVI e ao sector pesqueiro en xeral "toda a nosa cooperación".
Descargar todas as imaxes