Escoitar

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2015

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 23.03.2015 acordou aprobar a "Convocatoria de subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, ano 2015", realizada pola concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, sendo obxecto de publicación no BOP núm. 64, de 7 de abril de 2015.

venres, 10 abr 2015
OBXECTO:
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais, sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal., para o desenvolvemento dos programas necesarios para o normal funcionamento da entidade:

Programa I: "Gastos de mantemento"
Programa II: "Gastos en investimento: equipamento"
Programa III: "Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles"

REQUISITOS:
Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, inscritas nos epígrafes 10.1 e 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que operen no movemento veciñal e traballen no ámbito sociocomunitario, da participación cidadá e das relacións cidadáns.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria correspondente é de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, polo que o dito prazo remata o 24/04/2015.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, conforme aos modelos normalizados, e deberán ir dirixidas ao servizo de Participación Cidadá.

INFORMACIÓN:
Servizo de Participación Cidadá
Praza do Rei, s/n 2º andar
Teléfono: 986 810 157

As bases reguladoras das subvencións e os modelos normalizados de solicitudes están á súa disposición no servizo de Información do Concello de Vigo (planta baixa) e na web: www.vigo.org