Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 10 abr 2015
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Narom Sl , estará pechado ao tráfico o carril de servizo da Avda MADRID (entre os números 122 e 144, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o venre 10/04/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense pola rúa Raviso. Mentres dure o peche, establécese sentido único no cño RAVISO, cara á Ctra Freixo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A. , estará pechada ao tráfico a rúa MANOLO MARTINEZ(entre Castrelos e Fragoso) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o venres 10/04/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o túnel (lado mar) da rúa BEIRAMAR, o domingo 12/04/2015 dende as 07:30 a 14:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Narom Sl , estará pechado ao tráfico o carril de servizo da Avda MADRID(entre Vicente Risco e Loureiro) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o luns 13/04/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas. Lado pares do 13/04 ao 17/04. Lado impares do 15/04 ao 22/04.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.