O alcalde saúda a expansión empresarial de Frigalsa e a recuperación do edificio de Freiremar
Abel Caballero mantivo unha reunión con responsables de Frigalsa, que presentaron ao alcalde o proxecto de ampliación da súa empresa que suporá unha maior actividade pesqueira e a recuperación do edificio de Freiremar. Caballero salientou que é unha "boa nova" para a cidade tanto a expansión empresarial e a xeración de emprego que conleva como o uso do nomeado inmoble.