Escoitar

Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2015

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 62 de data 1 de abril de 2015, estará en exposición pública dende o 2 de abril ata o 16 de abril o "Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2015"

venres, 10 abr 2015
Lugar: Na oficina do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica do Concello de luns a venres, no terminal sita na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.

Os/as interesados/as poderán consultar dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 das bases de réxime local.