luns, 13 abr 2015
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza as xornadas formativas: "O contexto educativo.Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade" que se celebraran os días, 24 e 25 de abril. As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición.
luns, 13 abr 2015
Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional continúan coa sua proposta O Escaparate, dirixida a artesáns e artesás que estean interesados en expoñer as súas creacións no Centro de Artesanía Tradicional CAT Vigo. A partir do 22 de abril exhibirase a obra da artesá ilustradora e decoradora de teas Ánxeles Rodríguez Ferrer.
luns, 13 abr 2015
Dentro do ciclo de charlas "Galegas na Ciencia" que organiza Concellería de Igualdade terá lugar o martes 14, a segunda das conferencias a cargo de África González Fernández directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo. A charla será ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas.