martes, 14 abr 2015
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión cos responsables do Gran Peña, "club histórico da cidade", que xoga no Carballal, en Cabral, un "campo de terra en condicións lamentables" que será reformado íntegramente polo Concello. O rexedor amosóulles o deseño elaborado para a remodelación, que inclúe un terreo de xogo de herba, novos vestiarios e unha bancada, para "dotar ao Gran Peña do campo que efectivamente necesita", subliñou Caballero.
martes, 14 abr 2015
Abel Caballero mantivo hoxe martes un encontro coa ximnasta e responsables do club Flic Flac e comunicóulles o apoio do Concello de Vigo ás iniciativas que impulse a entidade. "O Concello vai estar do lado de Desirée", indicou o alcalde, quen apuntou como exemplo a organización de exhibicións do Flic Flac para recadar fondos para a familia da atleta de 16 anos, que veu amputada parte dunha perna recentemente. Caballero amosoulles na reunión "todo o noso cariño, afecto e aprecio".
martes, 14 abr 2015
O alcalde de Vigo asinou un convenio de colaboración co C.D. Xuvenil de Teis por valor de 23.000 euros. O rexedor explicou que esta é a única fonte de ingreso do clube e confía en que lle permita manter a súa presenza "con gran nivel deportivo".