O Concello achega 23.000 euros ao Xuvenil de Teis para manter o seu "gran nivel deportivo"
O alcalde de Vigo asinou un convenio de colaboración co C.D. Xuvenil de Teis por valor de 23.000 euros. O rexedor explicou que esta é a única fonte de ingreso do clube e confía en que lle permita manter a súa presenza "con gran nivel deportivo".
O goberno local adica 23.000 euros ao CD Xuvenil de Teis, tal e como explicou en rolda de prensa despois de asinar un convenio que lle permitirá ao club manter a súa presenza "con gran nivel deportivo". Caballero lembrou que esta achega municipal é a única fonte de ingreso deste clube de boleibol e referiuse tamén á remodelación da cuberta do Pavillón de Teis, na que está a investir 100.000 euros. Tal e como explicou o rexedor, esta remodelación permitirá ao equipo contar cun recinto deportivo en boas condicións logo de levar 20 anos en "estado calamitoso".
Descargar todas as imaxes