xoves, 16 abr 2015
O alcalde indicou este xoves que as obras van "a moi bo ritmo", actualmente o Concello traballa no carril exterior dereito de descenso para, ao remate, comezar co de ascenso. É unha reforma "de gran envergadura" que pode conlevar "algunhas molestias de tráfico", advertiu Caballero, quen lamentou a negativa do Ministerio de Fomento a humanizar os carrís centrais do principal acceso á cidade.
xoves, 16 abr 2015
Segundo revelou este xoves o alcalde de Vigo, a Xunta de Goberno Local tomou coñecemento dos traballos que ultima o Concello para cubrir as escaleiras mecánicas da Porta do Sol. Abel Caballero datou a súa reapertura para o próximo 23 de abril, despois de suspenderse temporalmente o seu funcionamento durante as obras de instalación da cuberta, por motivos de seguridade.
xoves, 16 abr 2015
O equipo español que participa na volta ao mundo de vela xa porta no seu casco o logo que promociona a candidatura das Illas Cíes para ser nomeadas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, un xesto con "custe cero" que Abel Caballero agradeceu este xoves. É un respaldo "de valor incalculable" que "fan de forma altruista, de apoio a esta cidade".
xoves, 16 abr 2015
O alcalde presentou este xoves o ciclo de concertos "430de10" que programa a Orquesta Vigo 430 coa colaboración do Concello de Vigo polo seu décimo aniversario. Caballero eloxiou este proxecto "excepcional" xurdido dos ámbitos musicais da cidade e apuntou que os cinco concertos organizados, comezando este domingo, 19 de abril, buscan "un aínda maior acercamento" aos vigueses ao celebrarse en distintas localizacións: o García Barbón, o Auditorio Mar de Vigo, o MARCO e a ESAD.
xoves, 16 abr 2015
Esta fin de semana organizase en Vigo a VIII edición de A Pedaliña, con actos en O Castro o sábado 18 e unha marcha o domingo 19 polas principais rúas da cidade. O alcalde, en rolda de prensa, animou a toda a cidade a participar deste evento.
xoves, 16 abr 2015
Uns 350 participantes dunha veintena de asociacións disputan este domingo, na piscina municipal do Carmen, os XIX Xogos Autonómicos de natación Special Olympics, para persoas con discapacidade intelectual.
xoves, 16 abr 2015
O alcalde de Vigo rubricou este xoves o convenio polo que o Concello destina 71.000 euros ao Coruxo FC, a principal achega que percibe a entidade deportiva de ningunha administración pública e que fai posible o seu proxecto, actualmente na 2ªB do fútbol español. Caballero salientou asemade que o goberno de Vigo adica 600.000 euros ás entidades deportivas de elite da cidade.
xoves, 16 abr 2015
Este xoves 16 de abril, ás 20:00 h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a apertura da exposición "M-eu-mar" de Xan Vieito, promovida pola Concellería de Cultura, Festas e Museos.