Escoitar

O goberno de Vigo concluirá en tres semanas a adecuación dos laterais da Avenida de Madrid

O alcalde indicou este xoves que as obras van "a moi bo ritmo", actualmente o Concello traballa no carril exterior dereito de descenso para, ao remate, comezar co de ascenso. É unha reforma "de gran envergadura" que pode conlevar "algunhas molestias de tráfico", advertiu Caballero, quen lamentou a negativa do Ministerio de Fomento a humanizar os carrís centrais do principal acceso á cidade.

xoves, 16 abr 2015
Abel Caballero estimou que en tres semanas concluirán os traballos de adecuación e asfaltado dos carrís exteriores da Avenida de Madrid, obras "de gran envergadura" que avanzan "a moi bo ritmo" e poderán conlevar "algunhas molestias de tráfico".

O alcalde lamentou que o Ministerio de Fomento desdeñase a proposta de humanización planteada polo goberno que preside, o que posibilitaría que se estivera facendo actualmente a remodelación de toda a Avenida e non unicamente da parte exterior que executa actualmente o Concello.