O alcalde denuncia a "ausencia de atención" de Xunta e Deputación ás entidades sociais da cidade
Abel Caballero e concelleiros do goberno local mantiveron este mércores unha reunión con responsables de entidades de carácter social que traballan en Vigo, institucións que practicamente so reciben apoio económico do Concello nun momento no que a demanda de atención social aumenta. O rexedor denunciou este "abandono" das administracións provincial e autonómica.
Caballero indicou que as institucións de carácter social están "practicamente abandonadas" polas entidades públicas, xa que case que a totalidade destas so reciben achegas económicas do Concello de Vigo, particularmente nun momento no que a demanda de atención social aumenta.
Caballero denunciou ante os medios de comunicación a "ausencia de atención" tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de Pontevedra ás entidades sociais da cidade, despois dunha reunión con responsables de colectivos vigueses. O alcalde recordou ademais que a esta circunstación se engadirá o "enorme agravante" de que a finais deste ano entrará en vigor a nova lexislación que retira ao Concello a competencia en política social en favor da Xunta de Galicia. "Con lei ou sen lei, o Concello de Vigo vai seguir aplicando esta política social", avanzou Caballero.
Descargar todas as imaxes