Escoitar

O acto de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos celebrarase o 28 de maio

Así o anunciou este mércores o alcalde de Vigo, despois de cancelarse a data prevista polo fatal accidente aéreo do voo de Germanwings nos Alpes franceses. Caballero fixo pública hoxe a nova data e explicou que esta celebración queda para despois das eleccións municipais para non mezclalo co ámbito da campaña

mércores, 15 abr 2015
1429101392alcalde6.jpg
Abel Caballero avogou por retirar este acto de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos 2015 do ámbito da campaña electoral, polo que o alcalde decidiu levalo a despois das eleccións e celebralo o xoves 28 de maio. "Os Vigueses Distinguidos están por enriba da política", asegurou o rexedor, quen afondou en que "é unha inmensa honra para esta cidade entregar estes galardóns".
Descargar todas as imaxes