Caballero di que as Series Municipais, dende o domingo en Balaídos, son "a referencia do atletismo galego"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe as Series Municipais 2015, cinco eventos de abril a xullo en Balaídos para atletas federados e que marcarán o momento galego en pista.
Co patrocinio total do Concello, "dende o ámbito de seis clubs da cidade", explicou o rexedor, organizarase o, sen dúbida, máis completo calendario atlético en Galicia. Este domingo, o AVA que preside Eleuterio García será o encargado de abrir a serie de eventos cun programa de vinte probas. "As Series Municipais son as probas de referencia do atletismo de pista en Galicia", sostivo o alcalde, que lembrou que "son o máis importante que se fai en pista en atletismo en todo o ámbito galego".
Coa inscrición aberta para a xornada dominical ata mañá xoves a través do portal da Real Federación Española de Atletismo, a organización conta con que serán uns 40 clubs das catro provincias os que participen nestes cinco fins de semana ata xullo e que se movan cada domingo da orde de 400-500 participantes. Tralo programa do vindeiro día 19 a partires das 10:30 horas, haberá novas citas o 2 e 31 de maio, o 20 de xuño e o 5 de xullo, cando o Comesaña será a entidade encargada de organizar as carreiras precisamente o ano do seu Centenario.
"Queremos que unha proba desta envergadura sexa moi coñecida na cidade", avanzou Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e polos seis clubs organizadores, o AVA (Eleuterio García), CSCR Beade (Paula Mariño), R.C. Celta e Feminino Celta (José Ángel Serantes), Comesaña (Joaquín Pérez) e San Miguel de Oia (Gilberto Costas), xunto con Hipólito Sousa.
O mellor do atletismo galego, e "ata de Portugal", como explicou García, citarase nas pistas de Balaídos por trixésimo quinta tempada consecutiva. "Sen o apoio do Concello veriámonos abocados a non realizalas", dixo o presidente do AVA, que animou do mesmo xeito que o alcalde á asistencia do público porque "virán os mellores atletas que temos en Galicia".
Descargar todas as imaxes