Escoitar

O alcalde anima a todo Vigo "a subirse á bici" para participar na VIII edición de A Pedaliña

Esta fin de semana organizase en Vigo a VIII edición de A Pedaliña, con actos en O Castro o sábado 18 e unha marcha o domingo 19 polas principais rúas da cidade. O alcalde, en rolda de prensa, animou a toda a cidade a participar deste evento.

xoves, 16 abr 2015
1429188744pedalina.JPG
O Concello de Vigo colabora con A Golpe de Pedal na posta en marcha de A Pedaliña 2015 que, por oitavo ano consecutivo, encherá o monte de O Castro de bicicletas durante esta fin de semana. Acompañado polo organizador, José Manuel Suárez, o rexedor animou a todo Vigo " a subirse á bici para participar nunha iniciativa que promove fomentar o deporte e a vida saúdable, así como propiciar o seu uso como transporte habitual o que tamén contribúe á sostenibilidade do medio ambiente.

O sábado 18 de abril, a partir das 16,30 h, O Castro acollerá unha serie de actividades destiñadas a nenos e maiores como unha exhibición de descenso, freestyle de BMX y sooter, gynkanas, educación vial, rutas BTT, clases para deixar ruedines, clases para adultos para aprender a andar en bicicleta, tándem de la ONCE, bicis eléctricas, entre outras iniciativas.

O domingo, coincidindo co Día Mundial da Bicicleta, organízase unha marcha por toda a cidade, cunha ruta polas principais rúas e apta para toda a familia. A saída será na Porta do Sol, ás 11,00 horas, sendo preciso incribirse na web da asociación: www.agdpvigo.net.

Os dorsais poderán recollerse hoxe xoves e mañá venres, na Lonxa do Concello, entre as 10,00 e as 14,00 horas, e entre as 17,00 e as 19,00 horas (só esta tarde). O sábado 18, recolleránse entre as 17,00 e as 20,30 h en O Castro e o propio domingo, entre as 9,30 e as 10,45 h, antes do comezo da marcha na Porta do Sol.
Descargar todas as imaxes