Escoitar

Caballero salienta que o ciclo de concertos da Vigo 430 procura "un aínda maior acercamento" a cidade

O alcalde presentou este xoves o ciclo de concertos "430de10" que programa a Orquesta Vigo 430 coa colaboración do Concello de Vigo polo seu décimo aniversario. Caballero eloxiou este proxecto "excepcional" xurdido dos ámbitos musicais da cidade e apuntou que os cinco concertos organizados, comezando este domingo, 19 de abril, buscan "un aínda maior acercamento" aos vigueses ao celebrarse en distintas localizacións: o García Barbón, o Auditorio Mar de Vigo, o MARCO e a ESAD.

xoves, 16 abr 2015
1429188677vigo430.JPG
O ciclo "430de10" é a denominación específica coa que a Orquestra Vigo 430 quere celebrar os seus 10 anos sobre os escenarios vigueses. Para tal ocasión decidiuse pór en escena a todas as seccións que hoxe en día conforman o proxecto 430. Os que se acheguen á programación preparada poderán gozar dun total de 5 concertos nos que se poderá ver a destreza musical e calidade acadada pola orquestra ao longo destes 10 anos de traballo. Así o público poderá escoitar tanto á formación sinfónica como á formación barroca, a formación de xente moza e aos ensembles de cámara dos músicos que conforman a orquestra. 

A programación, unha das máis completas preparadas pola orquestra en toda a súa existencia, conta coa colaboración do Concello de Vigo, e nela poderase comprobar o alto potencial e indiscutible calidade musical do proxecto. Coma sempre a orquestra mesturará nestas propostas musicais o traballo cos músicos galegos co convite realizado aos principais músicos de orquestras europeas e que deciden participar nos proxectos da Vigo 430 pola súa calidade e sona.

Será o caso de figuras como José Manuel Navarro, un virtuoso do violín barroco e que abrirá o ciclo no concerto da Orquestra Barroca Vigo 430, o domingo 19 de abril, ás 12:30 h, no vestíbulo principal do auditorio Mar de Vigo; á batuta estará o mestre Alfonso Sebastián, unha eminencia na dirección e interpretación da música desa época. O mestre Alberola dará boa mostra da súa destreza na dirección cun programa excepcional, un concertante de Mozart co Airas Ensemble ademais de obras de Mendelssohn e Beethoven, o luns 27 de abril no Teatro Afundación.

Ademais teremos a oportunidade de ver por primeira vez á formación para xente nova, a Xove Vigo 430, dentro dun ciclo musical do proxecto, nunha cita que terá lugar no auditorio da ESAD o luns 4 de maio. O afamada Dana Zemtsov, figura de primeira orde do violín, formará parte dos músicos do Ensemble Vigo 430 no concerto programado para o sábado 23 de maio, no salón de actos do MARCO. Por último, o sábado 30 de maio, no mesmo espazo, actuará o quinteto de corda e piano.

A variedade de lugares tamén será unha característica deste ciclo, buscando achegar a orquestra ao maior número de escenarios posibles da cidade. Verase así a orquestra en escenarios carismáticos como o Teatro de Afundación, en auditorios de excepción como o salón do MARCO ou o da ESAD e en lugares novos e diferentes como o vestíbulo principal do Mar de Vigo que ben seguro fascinará pola súa sonoridade a todos os que se acheguen a ese concerto.

As entradas póñense á venda hoxe xoves 16 de abril no servizo Ataquilla (www.ataquilla.com e 902.504.500) a prezos de 5 € os concertos de cámara, 10 € a Orquestra Barroca e 12 € a Orquestra Sinfónica; o concerto da Xove Vigo 430 será de entrada libre. E seguindo co interese en achegar a música ao maior número de persoas, mantéñense os descontos do 20% aplicados a aquelas persoas que acrediten a súa condición de estudantes, titulares do Carné Xove, maiores de 65 anos, en situación oficial de desemprego. Como novidade este ano, incorpórase o desconto para as familias numerosas e unha colaboración especial cos centros de ensinanza musical, para que poidan gozar de entradas gratuítas.
1429188677vigo430.JPG
1429188685cartelciclo430de10.jpg
Descargar todas as imaxes