O alcalde asegura que as novas furgonetas de PSA Vigo garanten o "presente e futuro" do emprego na cidade
Abel Caballero trasladou este xoves a súa "inmensa satisfacción" polo "notición" de que a factoría de Balaídos fabrique novos vehículos para Opel. Este acordo consolida o "gran proxecto" de PSA en Vigo, no que participa o Concello coa cesión de 50.000 metros cadrados, sitúa á automoción como "elemento central na economía da cidade" e ratifica o "presente e futuro do emprego" en Vigo neste sector.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo pública hoxe xoves a súa "inmensa satisfacción" e a "felicitación" da cidade polo acordo acadado entre PSA e General Motors segundo o cal a factoría de Balaídos ensamblará tamén as novas furgonetas de Opel, consolidando o papel da automoción en Vigo como "elemento central na economía da cidade" e ratificando "o presente e o futuro do emprego" neste sector.
Caballero tamén referiuse á "cooperación" existente entre PSA Peugeot Citroën e o Concello de Vigo para asentar o seu "gran proxecto", que se materializa na cesión de 50.000 metros cadrados máis anexos á factoría que actualmente tramita o goberno local: "acertamos cando fixemos esta aposta de darlle os 50.000 metros cadrados que necesita Citroën para a súa expansión".
Descargar todas as imaxes