Caballero di que "é unha satisfacción cooperar con Special Olympics" para que Vigo poida recibir o campionato de natación
Uns 350 participantes dunha veintena de asociacións disputan este domingo, na piscina municipal do Carmen, os XIX Xogos Autonómicos de natación Special Olympics, para persoas con discapacidade intelectual.
O alcalde, Abel Caballero, presentou en rolda de prensa o evento e manifestou a súa total disposición a apoiar á Asociación San Francisco, que promove o evento. "Cooperar con Special Olympics é unha satisfacción e considerámonos na mellor das situacións podendo ter aquí este domingo a competición", explicou o rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por Eladio Fernández, en representación do centro San Francisco, quen dixo que para os deportistas é o momento estelar do ano "porque van a amosar as súas capacidades e os vigueses poderán ver a súa integración".
O dirixente asociativo lembrou que pese a que "vivimos unha situación moi complicada, non por iso deixamos de traballar polos discapacitados e para que San Francisco, logo de case 50 anos, siga a ser un referente en Vigo", indicou.
A competición para persoas con discapacidade intelectual dispútase na piscina municipal do Carme. Está organizada por Special Olympics Galicia.
Cada ano, Vigo acolle polo menos una das disciplinas deportivas máis importantes. En 2014 foron baloncesto e xogos populares, agora natación.
Ás 10:45 horas terá lugar a cerimonia inaugural no Frontón. As probas están programadas de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30, e serán serán de 25, 50 e 100 metros en catros estilos (libres, costas, braza e bolboreta) e tamén 4x25 metros (relevos estilo libre), 25 metros sen estilo nin flotación e 25 metros flotación.
Descargar todas as imaxes