Escoitar

O Escaparate exhibirá obra de Ánxeles Rodríguez Ferrer

Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional continúan coa sua proposta O Escaparate, dirixida a artesáns e artesás que estean interesados en expoñer as súas creacións no Centro de Artesanía Tradicional CAT Vigo. A partir do 22 de abril exhibirase a obra da artesá ilustradora e decoradora de teas Ánxeles Rodríguez Ferrer.

luns, 13 abr 2015
1428927243haivestir.jpg
O Escaparate é unha iniciativa nacida no ano 2013 que brinda un espazo expositivo como escaparate para a actual producion artesán, na zona alta do casco histórico da cidade.

Como novidade este ano, os traballos poderán presentarse en calquera momento. A renovación do escaparate realízase trimestralmente.

Actualmente atópase en exposición "O espírito do artesán". mostra da produción artesán do colectivo APAMP.
Descargar todas as imaxes