O alcalde trasmite a "dor" da cidade polo pasamento de Suárez e o "recoñecemento" ao seu "inmenso labor"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns no nome da cidade "o noso pésame, a nosa dor, o noso sentemento, a nosa cercanía coa familia e o noso recoñecemento polo inmenso labor" do expresidente Adolfo Suárez, falecido onte en Madrid. O Concello garda desde hoxe tres días de loito oficial.
O alcalde explicou que as bandeiras ondean a media asta durante tres días en virtude do loito oficial decretado tras o pasamento do presidente Suárez, ao tempo que a axenda institucional xa foi restrinxida desde hoxe.
Caballero definiu a Adolfo Suárez como unha figura "irrepetible na historia de España", un home que foi quen de facer a transición dunha dictadura á democracia, unha persoa que "marcou pautas na historia da política" estatal co "diálogo e o acordo", ao que o rexedor lle concedeu un valor singular atendendo ao momento histórico da presidencia de Suárez, entre 1976 e 1981.
O primeiro edil vigués subliñou que Suárez soubo pactar a Constitución Española de 1978 coa "práctica totalidade do espectro político" español, nunha época de grandes líderes políticos, entre os que citou a González, Fraga ou Carrillo, entre outros.
Descargar todas as imaxes