Escoitar

A Escola Municipal celebra o Día Mundial do Teatro co espectáculo "O Teatro en Granell"

O xoves, 27 de marzo, conmemórase esta efeméride que a Escola Municipal de Teatro está a celebrar durante esta semana con dous actos, un celebrado o pasado martes e a estrea da representación de "O Teatro en Granell", este xoves, con entrada gratuita.

mércores, 26 mar 2014
Este xoves, ás 21 horas nas instalacións da Escola (Avda Castelao, 87 interior) terá lugar a estrea do espectáculo "O Teatro a Granell", con entrada mediante invitación, a cargo do alumnado da Aula de Repertorio da Escola.

A Escola Municipal de Teatro xa celebrou o pasado martes no Auditorio do Concello un acto coa lectura da mesaxe do Día Municipal do Teatro e a representación de diversas escenas por alumnos da Escola, con entrada libre.

Máis información