Escoitar

Xunta de Goberno Local

mércores, 26 mar 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE MARZO DE 2014.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 13 de marzo e ordinaria e extraordinaria e urxente do 14 de marzo de 2014.

BENESTAR SOCIAL
2.- Dar conta da relación de persoas dadas de alta no Servizo de Axuda no Fogar durante o mes de decembro de 2013. Expte. 89458/301.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
3.- Bases e convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2014. Expte. 5502/335.

4.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas durante o mes de febreiro de 2014. Expte. 5509/335.

DEPORTES
5.- Proposta de autorización para a organización da proba deportiva denominada "10 km Cidade Universitaria" o 27 de abril de 2014. Expte. 12892/333.

OSPIO
6.- Plan de seguridade e saúde e Plan de xestión de residuos da obra "Reposición da rede de abastecemento e saneamento na rúa Camelias Fase II- Tramo (rúa Ourense-Doctor Marañón)". Expte. 2580/443.

7.- Nomeamento da Dirección facultativa da obra "Reposición da rede de abastecemento e saneamento na rúa Camelias Fase II- Tramo (rúa Ourense-Doctor Marañón)". Expte. 2581/443.

8.- Nomeamento de Coodirección facultativa da obra "Acondicionamento e mellora do acceso ao Barrio de Navia dende a VG-20". Expte. 2422/443.

9.- Nomeamento de Coodirección facultativa da obra "Mellora da Accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. Fase I". Expte. 2579/443.

10.- Proposta de aprobación do proxecto de "Renovación das redes de saneamento e abastecemento no Casco Urbano. Fase 1A." Expte. 2571/443.


PATRIMONIO
11.- Indemnización substitutiva por importe de 111.082,60 € a favor da Compañía Aseguradora MAPFRE Seguros pola cobertura da poliza de seguro de responsabilidade civil do Concello de Vigo e Organismos Autónomos. Expte. 250/242.

12.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, do Seguro de Responsabilidade Civil e Patrimonial do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos. Expte. 250/242.

RECURSOS HUMANOS
13.- Modificación puntual RPT posto "titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno local-Secretaria do Goberno local". Expte. 24913/220.


SECRETARÍA XERAL
14.- Dar conta da resolución do Excmo. Alcalde de data 18.03.14, de delegación de competencias do seguimento da xestión dos usos e xestión cultural do Auditorio-Pazo "Mar de Vigo". Expte. 1394/110.

SERVIZOS
15.- Dar conta da tramitación do expediente "Renovación das redes de Abastecemento e saneamento na Parroquia de Teis, Fase 1. Expte. 2382/440.

16.- Proposta para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os Xulgados contra resolución do secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras do 5.02.14. Expte. 1816/440.

XUVENTUDE
17.- Indemnización substitutiva por importe de 13.718,29 € a favor de Estudos e Análise FESAN pola prestación do servizo de atención a nenos e nenas nas Ludotecas de Casa da Xuventude e Pavillón de Coia- febreiro 2014. Expte. 4135/336.

18.- Proposta para a modificación da denominación de Ludotecas. DOC: 140035517.

19.- Rogos e preguntas.




DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de marzo de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 25 de marzo de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.