xoves, 27 mar 2014
O goberno local comezará nos próximos días os traballos de humanización da segunda fase de Camelias, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. A Xunta de Goberno local temén deu luz verde ao inicio das obras para a posta en marcha das escaleiras mecánicas da Segunda República.
xoves, 27 mar 2014
Abel Caballero informou da aprobación, na Xerencia de Urbanismo deste xoves, do expediente e do prego de condicións económico-administrativas para a poxa das 40 vivendas municipais de República Arxentina coas que se financiará a expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza. Os prezos oscilan entre os 120.000 e os 204.000 euros.
xoves, 27 mar 2014
Abel Caballero presentou hoxe venres os catro roteiros incluidos este ano no Programa Bici-Rutas, organizado polo Club Ciclista Vigues en colaboración co Concello. A primeira será o domingo 30 de marzo e descurrirá pola Senda da Auga.
xoves, 27 mar 2014
A selección xogará mañá venres un partido na Madroa contra unha selección de xogadores de equipos de Vigo, incluíndo veteranos do Celta. O alcalde sinalou que "seguimos coa nosa política de proximidade ao pobo saharaui" e ofreceu "o noso apoio político para a súa causa xusta" e tamén respaldo "persoal" para os rapaces do Sahara que pasan as vacacións de verano no cidade.
xoves, 27 mar 2014
A festa da Reconquista da Vila de Vigo contará este ano cun día máis de celebración, tres xornadas de actos, deste venres ao domingo, que incluirá as tradicionais representacións, postos no Casco Vello, concertos e animación de rúa. O Concello incrementa en 2014 o financiamento da cita, ata os 85.000 euros.